
A historia da compañía
Logo de 4 anos de formación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na cidade de Vigo, cinco comediantes decidiron poñer en marcha Vicus Teatro, para embarcarse nunha fermosa aventura cultural e humana.
A formación nas aulas permitiunos especializarnos nas artes escénicas en tan diversas disciplinas como o xogo de máscara, o circo, a loita escénica, o canto, o mimo, a danza e, sobre todo, a commedia dell'arte.
Unha formación completa e esixente que nos permite garantir un alto nivel técnico e artístico nos nosos espectáculos, cursos, conferencias e e xiras nacionais e internacionais. Así como un repertorio de obras infantís, didácticas, e de commedia dell'arte.
Vicus Teatro comeza o seu percorrido no ano 2015 co espectáculo A 3 Niveis, que foi Finalista no certame Xuventude Crea dese ano.
Durante moito tempo sacou adiante un proxecto didáctico que percorreu os institutos galegos chamado Crónicas. A iniciativa contén tres espectáculos: Crónicas de ouro (sobre o século de ouro español), Crónicas Clásicas (sobre o teatro na Grecia e Roma clásica) e Crónicas da fala (sobre o teatro das Irmandades da Fala). Este último aínda en cartel.
No ano 2022 estrea a peza Salón Alfonsina, sobre a poetisa Alfonsina Storni. Ademais de ser Finalista do Xuventude Crea, a obra recibiu premios á Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal.
Vicus busca facer un teatro popular, con poucos elementos en escena e que vaia directo os espectadores, falado da xente para á xente.