O NUCLEO DA COMPAÑÍA
En Vicus Teatro, contamos cun equipo clave que impulsa a nosa misión de crear espectáculos de proximidade, accesibles e culturalmente relevantes:

Pablo Carrea
Actor e Dramaturgo
Naceu en Vigo en 1991.
É licenciado en Interpretación Textual no ano 2016, e en Dramaturxia no ano 2020, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Ten un Máster en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso e a URJC en 2018.
É co-fundador da Asociación Galega de Commedia dell'Arte Indignati. Entre os seus mestres figuran Adriano Iurissevich e Carlo Boso co que estudou na A.I.D.A.S. en Versalles.
No ano 2022 deu vida a Moncho na peza Rastros de Roberto Vidal Bolaño, unha produción de Condetrespés e o Centro Dramático Galego. No 2023 uniuse á compañía Olivas Negras no proxecto O rapto da Befana, onde interpreta a Arlecchino.
É fundador de Vicus onde realiza a meirande parte do seu traballo como actor, director e dramaturgo.
Sergio Alfonso
Actor
Nado na cidade de Vigo en 1991.
Está licenciado en interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na especialidade de teatro de texto. Dende entón compaxina a súa carreira no teatro con diversas aparicións no audiovisual, sendo cada vez un rostro máis frecuente nas ficcións galegas. Entre elas destaca a súa participación en Serramoura ou Los enviados.
No teatro traballou coa compañía Arte Pingüe no espectáculo Mentiras e verdades e coa compañía Entretés en diversas montaxes de pequeno e mediano formato. Máis recentemente traballou con Se Ste Xeito Produccións, na montaxe Backup - A resurección de Bruno; E por último é parte do elenco de O rapto da Befana, unha peza familiar de Olivas Negras, onde se mistura o teatro musical coa commedia dell'arte, un xénero que tamén traballou coa Asociación Galega de Commedia dell'Arte Indignati, onde participou na montaxe Don Giovanni.
Tamén ten estudiado con mestres como Sandra Montes ou Julio Lorenzo.


