SALON ALFONSINA

No 2020 estreouse Salon Alfonsina. Unha monólogo dramático e biográfico sobre a poetisa suizo-arxentina Alfonsina Storni.
A peza é un bio-drama que nace dunha investigación e documentación sobre a vida de Alfonsina Storni. A dramaturxia combina partes orixinais con texto da propia autora: "¿Qué diría?", "Versos a la tristeza de Buenos Aires"; e dous poemas non publicados en libros: "A Horacio Quiroga" e "Voy a dormir", publicados no diario La Nación.
Na montaxe, a poetisa é quen nos conta a súa historia. Fálanos sobre a súa infancia, maternidade e morte. Todo iso acompañada por un músico do Café Tortoni.
Salón Alfonsina está inspirado nas longas noites de lectura e conversa no famoso Café, onde o espectador poderá rir e reflexionar con esta singular personaxe.
A peza foi finalista no certame Xuventude Crea de 2022 e alzouse cos premios á Mellor Dramaturxia e Mellor Actriz no Concello de Foz.
Ficha técnica
Elenco: Andrea Castro e Germán Vidal
Dirección: Pablo Carrera
Dramaturxía: Andrea castro e Pablo Carrera
Vestiario: Vicus teatro
Iluminación e escenografía: Noa Iriarte
Música en directo: Germán Vidal
Carteleria: Pablo Carrera
Duración do espectáculo: 60 minutos
