PIOLLOSOS

No 2016, en coprodución coa Asociación Galega de Commedia dell'Arte, iniciamos a montaxe de Piollosos, ademais de realizar unha colaboración especial na Giornata Mondiale de Commedia dell'Arte en Padua, Italia.
Piollosos era unha peza para dous actores que exploraba as miserias da profesión a través da vida de dous comediantes que buscaban sobrevivir polos camiños do espazo e do tempo.
A través de historias e anécdotas, estes dous teatreiros reflexionaban sobre a súa vida, o seu oficio e a incerteza do futuro.
Esta obra, un híbrido entre a commedia dell'arte e o teatro de texto, tivo unha extensa xira e permitiu á compañía dar o salto internacional, participando en 2019 no Festival Lúdika 1243 en Viterbo, Italia. Tres anos despois da súa estrea, Piollosos puxo o broche de ouro a unha longa traxectoria de representacións
Ficha técnica
Elenco: Pablo Carrera e Aldán Dacosta
Dirección: Nando Llera
Texto orixinal: "Ñaque! O de piojos y actores" de José Sanchis Sinisterre
Adatación: Nando Llera
Vestiario: Indignati
Carteleria: Pablo Carrera
Duración do espectáculo: 50 minutos
