O CADRO E SER FELIZ

No ano 2017 estreouse O cadro e ser feliz, unha comedia de salón surrealista.

A peza contaba a vida dun grupo de amigos de vintetantos anos que buscaban o seu lugar no mundo. O sentido da vida, as relacións de parella, o amor, o desamor e o diñeiro eran os temas transversais de historia.

A música jazz, as reflexións sobre a existencia e a filosofía tiñan un lugar especial ó redor dunha trama que ía abrazando a tolemia a medida que avanzaba.

O cadro e ser feliz actualizaba algúns temas clásicos da comedia para adaptalos á actualidade e misturalos coas preocupacións actuais: A precariedade laboral, a loita polos soños e o lugar que ocupar nun mundo que non ten moito sentido.

A peza foi estreada no Auditorio Lois Tobío de Gondomar e gozou de boas críticas nos diferentes certames nos que participou.

Ficha técnica

Elenco: Pablo Carrera, Roberto Casal, Sara Ferro, Aldán Dacosta, Uxía Algarra, Noelia González

Dirección e dramaturxia: Pablo Carrera

Espazo Escénico: Pablo Carrera e Vanessa A. Grahovec

Vestiario: Vicus Teatro 

 Iluminación e Espazo Sonoro: Vanessa A. Grahovec 

 Deseño Gráfico e Fotografía: Andrea Alonso 

Duración do espectáculo: 60 minutos

Fotogalería