Labirinto Helena

Todos os imperios rematan por caer. Troia acaba sucumbindo, ao igual que os gregos, os exipcios ou os romanos. Vivimos no final dunha era, dun cambio de paradigma histórico. Nunha tempestade de información que so podemos surfear. Un temporal no que resisitir coas escasas ferramentas que temos. Pero a pregunta é, como rematará todo isto?
Sobre os restos da humanidade aparece a nosa Helena, é a supervivente da historia humana, a testemuña final do que pasou, do que fixemos. A súa voz é a de todos, e dende o futuro tratará de lanzar un pouco de luz sobre o noso presente.
No momento onde os monstros veñen a devorarnos, Helena representa a voz de todos os que teñen algo que dicir e non puideron. Helena comeza cada día tratando de sobrevivir no labirinto da cidade, sen saber se atopará café, compañía ou un sitio onde pasar a noite. Cada día é unha lembranza do pasado, unha estratexia para o futuro e un reclamo incesante ante a pasividade divina.
Este panexírico é a nosa contestación ante o día a día dunha era que non sabemos como a van chamar os libros. Todo foi gravado. Todos fomos testemuñas. E non fixemos nada.
Labirinto Helena é o que temos que dicir sobre todo isto, e o facemos como el querería: sen medo. Helena desafía aos homes, aos deuses e reclama que os actos do inxusto non caian no río do esquecemento.
Ficha técnica
Elenco: Laura Recarrey
Direción: Javier Villamil
Dramaturxía: Pablo Carrera
Iluminación e escenografía: Noa Iriarte
Vestiario: Noa Iriarte Alonso
Espazo sonoro: Diana Longa
Carteleria e visuais: NIA
Duración do espectáculo: 50 minutos
Producción e distribución: Vicus Teatro

Equipo

Laura Recarrey
Helena

Javier Villamil
O director

Noa Iriarte
A iluminadora e escenografa

Diana Longa
Creadora do espazo sonoro

Pablo Carrera
