O NUCLEO DA COMPAÑÍA

En Vicus Teatro, contamos cun equipo clave que impulsa a nosa misión de crear espectáculos de proximidade, accesibles e culturalmente relevantes: 

 

Pablo Carrea

Actor e Dramaturgo

Naceu en Vigo en 1991. 

É licenciado en Interpretación Textual no ano 2016, e en Dramaturxia no ano 2020, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Ten un Máster en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso e a URJC en 2018. 

É co-fundador da Asociación Galega de Commedia dell'Arte Indignati. Entre os seus mestres figuran Adriano Iurissevich e Carlo Boso co que estudou na A.I.D.A.S. en Versalles.

No ano 2022 deu vida a Moncho na peza Rastros de Roberto Vidal Bolaño, unha produción de Condetrespés e o Centro Dramático Galego. No 2023 uniuse á compañía Olivas Negras no proxecto O rapto da Befana, onde interpreta a Arlecchino.

É fundador de Vicus onde realiza a meirande parte do seu traballo como actor, director e dramaturgo.

 

Noa Iriarte

Escenógrafa e iluminadora

Nacida en Vigo no 1998.

Formase na ESAD na especialidade de escenografía mentras completa a sua formación con diferentes talleres: Novas tecnoloxias e novas maneiras de iluminación e son nas técnicas teatrias (impartido por Juan José Amando Rolán), Mapeo de vídeo (impartido por Laura Iturralde) e Clown poético (impartido por Mireia Miracle).

Dende o 2017 traballa e colabora con diversas compañía sendo de especial relevancia Menu-do-día da compañía CBV coprodución coa MITC, o deseñ da Gala MArtín Codax 2023, Ephimeros de Nauta.

Aparte de traballar en teatro tamén deseña a iluminación para videoclis e concertos, sendo a encargada das visuais de RAZE

É especialista en deseño escénico e iluminación. Colabora dende hai varios anos con Vicus teatro sendo a responsable da parte plastica da compañía

 

Sergio Alfonso

Actor

Nado na cidade de Vigo en 1991. 

Está licenciado en interpretación pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na especialidade de teatro de texto. Dende entón compaxina a súa carreira no teatro con diversas aparicións no audiovisual, sendo cada vez un rostro máis frecuente nas ficcións galegas. Entre elas destaca a súa participación en Serramoura ou Los enviados. 

No teatro traballou coa compañía Arte Pingüe no espectáculo Mentiras e verdades e coa compañía Entretés en diversas montaxes de pequeno e mediano formato. Máis recentemente traballou con Se Ste Xeito Produccións, na montaxe Backup - A resurección de Bruno; E por último é parte do elenco de O rapto da Befana, unha peza familiar de Olivas Negras, onde se mistura o teatro musical coa commedia dell'arte, un xénero que tamén traballou coa Asociación Galega de Commedia dell'Arte Indignati, onde participou na montaxe Don Giovanni. 

Tamén ten estudiado con mestres como Sandra Montes ou Julio Lorenzo.