Crónicas clásicas

O teatro ten unha orixe, e Pistetero será o heroe indicado para contárnola. Hai máis de dous mil anos os autores gregos estableceron as bases do noso teatro, as aventuras do noso protagonista son o exemplo perfecto para entender que os temas universais chegan ata os nosos días. Os seus intentos por fundar unha cidade nas nubes revelarannos as máis profundas esencias do ser humano.

Por que Pistetero nunca se rende.

Crónicas de ouro

Entre soneto e soneto coñeceremos os autores e características máis destacables do século de ouro español. Adentarémonos nos mundos de Lope, Calderon e Tirso (entre outros), a través dos seus personaxes e textos máis importantes.

Deste xeito entenderemos por que, a pesar do tempo, estes textos continúan vixentes na actualidade grazas o seu carácter a temporal.

Crónicas da fala

Os anos vinte foron una época de cambio para Galicia, entre cuncas e asembleas os intelectuais galegos deseñaron un prometedor e emocionante futuro para a nosa terra.

Dous de aqueles irmandiños serán os nosos guías naquelas emocionantes xuntanzas que atoparon no teatro a mellor forma de comunicar as súas inquedanzas.

A emigración, a identidade e o eterno debate entre tradición e progreso serán os fíos condutores de aqueles debates.

Fotogalería