A 3 NIVEIS

O proxecto da compañía arranca no ano 2015 coa peza A 3 Niveis.
Tratouse dunha comedia física para tres actores composta por unha sucesión de escenas aparentemente inconexas.
Nesta primeira montaxe aparecían xa elementos que posteriormente serían desenvoltos noutros espectáculos. Falamos de acrobacias, xogos de palabras, música en directo e referencias á actualidade e a cultura pop.
Inspirando en compañías e artistas como Tricicle, Charles Chaplin ou James Thierreé, A 3 Niveis constituía un colaxe de situacións extravagantes e mesmo surrealistas.
O espazo non era máis ca un sinxelo ring de boxeo, que servía de fondo polisémico e adaptable para cada secuencia. Gracias a esta flexibilidade, a peza puido ser representada en moitos espazos, tanto teatro coma outros menos convencionais.
Finalmente, esta montaxe (que non deixaba de ser un experimento de fondo e forma) foi finalista no certame Xuventude Crea nese mesmo ano.
Ficha técnica
Elenco: Roberto Casal, Pablo Carrera e Aldán Dacosta
Creación: Pablo Carrera, roberto Casal, Aldán Dacosta e Sabela Losada
Vestiario e atrezzo: Vicus Teatro
Loita escenica: Roberto Casal, Pablo Carrera e Aldán Dacosta
Música: Vicus teatro
Deseño grafico: Pablo Carrera e Roberto Casal
Duración do espectáculo: 75 minutos
