Vicus Teatro

Rimos cando toca. Remexemos cando cómpre.

CONTO DE NADAL

Vive o nadal con nós!

Dende o 28 de novembro ata 4 de xaneiro.

Para público familiar. 

Dirección: Rúa II República nº 10, Vigo (Aproinppa)

Benvidos a Vicus Teatro! 

Somos unha compañía galega comprometida en levar á escena historias que mesturan literatura, humor e cultura popular. Dende 2015, traballamos con paixón e creatividade para achegar o teatro a todo tipo de públicos, dende centros educativos ata festivais e teatros de toda Europa.

Cunha estética sinxela e unha conexión directa co público, en Vicus cremos no poder das artes escénicas para educar, emocionar e reflexionar.  

A NOSA HISTORIA

Nacemos do amor polas artes escénicas e da vontade de achegar o teatro á sociedade galega. Cunha traxectoria de máis dunha década, temos realizado proxectos que exploran o patrimonio cultural e a identidade galega, sempre coa nosa esencia de comedia e reflexión.

Somos un equipo de profesionais dedicados con experiencia en diversas áreas das artes escénicas, dende dirección e interpretación ata escenografía e música. Xuntos, traballamos para ofrecer unha experiencia teatral única, sempre mantendo un compromiso coa calidade, coa cultura e a xente. 

Xira

Conto de nadal

Vive o nadal con nos en RÚA SEGUNDA REPÚBLICA Nº2

28/11/2025

Labirinto Helena

Xuventude Crea Pro, Salón teatro

29/10/2025

O namorado infiltrado

Noite Branca, Xardins de ingreso ao Pazo de Castrelos

02/08/2025

O namorado infiltrado

III Festival Internacional de Commedia dell'arte Ciudad de Lucena

12/06/2025

Crónicas de Ouro

A Coruña

10/04/2025

O namorado infiltrado

Fortaleza do Castro de Vigo

13/10/2024

OUTRAS ACTIVIDADES

Commedia dell'arte

Recreacións históricas

Espectáculos didácticos