CONTO DE NADAL

O Conto de Nadal é un clásico da literatura universal escrito por Charles Dickens en 1843. Moitas son as adaptacións que existen da novela, máis ningunha coma esta.

O vello Pantalone leva anos tratando mal a todo o mundo. Os seus empregados non teñen para comer e incluso o seu mellor amigo Dottore morreu pola súa culpa.

Antes do día de nadal, Dottore regresa para advertilo de que tres meigas virán para tratar de cambialo e facer del unha boa persoa.

Viaxan primeiro o seu pasado, onde un novísimo Pantalone trata de namorar a súa amada, a Señora Rosaura, pero fracasa por causa da súa avaricia.

A meiga do presente lévao a presenciar como a familia do seu criado Arlecchino ten dificultades para comer. O soldo que lle ofrece non é suficiente e tanto a súa muller Francesquina, como o seu fillo Pulchinella, buscan a forma de matar a fame como boamente poden.

E por último, a meiga do futuro mostraralle que clase de lembranzas terá o mundo del o día no que xa non camiñe entre os vivos.

Estas viaxes abrirán en Pantalone unha nova forma de ver o mundo e descubrirá que a amabilidade non é unha debilidade, se non todo o contrario.

Ficha técnica

Elenco: Érika Barbosa, Iván De Araújo, Carlos Galán, Pedro Galocha, Paula Gavilán e Telma Pazo.

Dirección: Pablo Carrera

Adaptación: Nando Llera e Pablo Carrera

Vestiario: Indignati

Máscaras: Stefano Perocco

Espazo sonoro: Sergio Alfonso

Espazo escenico: Vicus teatro

Fotografías: Paula Cuervo

Duración do espectáculo: 45 minutos

Elenco

Pedro Galocha

Pantalone

Carlos Galán

Dottore

Paula Gavilán

Señora

Érika Barbosa

Arlecchino

Telma Pazo

Francesquina

Iván De Araújo

Pulchinella

Fotogalería